29.3.06

pequenos axustes (2)

fixen pequenísimos cambios nalgúns poemas: indecisión, miradas e liña 41.

o cambio de indecisión é, despois de deixar pousar a idea, unha das suxestións que fixera sz.

en miradas foi un axuste nalgún fragmento que resultaba pouco limpo.

en liña 41, un pequeno retoque no final.

é curioso, como estou escribindo no pda, e alí a pantalla é estreita e non collen algúns dos versos, afágome a velos con outros cortes diferentes. hoxe transladei aos poemas algúns deses cortes.

2 comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

Sobre os cambios de indecisión:
Estou de acordo co cambio que propuxo sz e polo tanto paréceme moi ben que o trasladases á edición orixinal do poema. Agora que o penso máis en serio ten moita razón porque o personaxe non creo que en realidade preferise deixala marchar senon que a súa alma escolleu deixala ir por certas razóns que poden estar no texto ou que podemos imaxinar.
Sobre os cambios de miradas:
Tamén me pareceu ben o recorte que fixeches dos dous primeiros versos, ás veces hai que usar as tesoiras aínda que non nos guste aínda que aquí quizais non soase moi ben esa primeira persoa só ahí e despois todo o texto en terceira.
Gustoume tamén o novo corte de versos na novena estrofa, e dos outros cambios creo que poden estar ben, a min en concreto pareceume que non se solucionou ningún problema, simplemente cambiaches uns detalles pequenos que para min quedan tan ben na primeira edición como na corrección que lle fixeches aínda que claro está que se a ti che parece mellor mentres non quede peor non hai problema :-).
E sobre liña 41 ségueme gustando co cambio que lle fixeches, quizais esté aínda mellor porque, polo menos a min, que poñas a última estrofa en pasado xa me afai á idea de que non vai dar volta e falar coa moza.

30/3/06 18:20  
Anonymous Anónimo dixo...

É unha grata sorpresa ver que despois de o deixar pousar, compartes esta suxestión, dalgunha maneira iso faime sentir “máis” próximo o teu poema, máis integrado en min.
Unha aperta

1/4/06 10:56  

Enviar um comentário

<< Home