vale. a súa resposta, por terminante, parece pechar toda discusión.
pero eu estaba interesado, de todos os xeitos, en escoitar opinións que superasen o a (in)utilidade práctica do debate e axudasen a dilucidar que é un poema, que é lírico, ...
Antes de ler os comentarios, estaba a pensar "este poemas parecen máis ben pequenos relatos, algún case ao estilo de Monterroso. É imposible dar unha definición tallante. Poderiamos falar do predominio do narrativo, aparentemente máis propio da prosa que do verso, ou da rebelión ortográfica, cousa talvez poética, pero non chegariamos a ningún acordo. Ao final, o dato incontestable, un pouco desconcertante de tan absurdo, é que a poesía é aquela arte literaria que non aproveita o renglón ata o final.
Engado, con ánimo de encher espazo con opinións irrelevantes, que os poemas Indecisión, Liña 41, Correo e Esperar parecen membros dunha mesma familia, case variacións -moi ben harmonizadas, por certo- sobre unha mesma base melódica. Pudor, en cambio, aínda que participa do ton narrativo dos outros, ten unha vida propia que o fai especialmente intenso e, para o meu gusto, interesante. Das outras composicións, quedo con A sombra, pequena e fermosísima peza de poesía. Ah, por suposto, todo isto non deixa de ser unha opinión.
ah! é q fixeches dúas preguntas: a do límite e a importancia. só respostei á segunda, dando por feito q os límites, como Vd. ben amosa, son difusos, variables e acomodaticios. quizías valga: narración/descripción vs. suxestión ... pode ser?
Pensade unha cousa: a odisea era en verso, pero ao mesmo tempo era un relato. E falamos, pufff, de hai polo menos cen anos :P.
Logo aconteceu que alguén (non sei quen foi) decidiu pasar olimpicamente da métrica para escribir os seus relatos.
Así que o raro foi precisamente iso: escribir aproveitando todo o renglón. Xa me diredes cal podía ser o sentido estético diso. Aquilo tivo que parecer un pouco trapalleiro naqueles tempos.
Así que non creo que os poemas deste blog, por achegarse á narrativa, deixen de ser fieis á poesía. Todo o contrario.
ben, apunta arsenio que a "narrativa" tamén pode ser en verso cun exemplo incontestábel.
poderíase xustificar pola contraria: que asociando poesía a verso deixamos fóra a prosa poética (e pepe cáccamo vaise cabrear).
evidentemente non deben ir por aí os tiros.
canto á "rebelión ortográfica", máis aló de que en realidade non me pareza máis que unha pequena rebeldía pero non unha rebelión, creo que a narrativa é tan bo terreo para as rebelións coma a poesía (hai centos de bos exemplos).
interésame a idea que suxire desorde: suxestión. non digo que estea alí a definición de poesía pero si unha característica importante: o texto narrativo deixa menos baleiros có poema. o poema constrúese sobre todo de ocos, de suxestións e non de afirmacións, de espazos para a recreación máis que de procesos de asimilación.
continuando coa tese, supoño que a narrativa deixa moi pouco marxe ao lector, mentres que precisamente a poesía dalle 'todo' o marxe. así, un narrador é un autor propiamente dito, mentres q un poeta non é máis que, no mellor dos casos, un co-autor.... un sería un guía e outro un taquillero...
Desde logo o de non aproveitar o renglón ata o final non é (os códices medievais non o facían, a actual forma de edición deses poemas faise atendendo á métrica e a rima, non a como están escritos nos códices, por ex.). Trasladando o "problema" ó lector (como tenden a facer as estéticas actuais) poderíase difinir a poesía como aquilo que un lector identifique como poema, e isto non "escaquea" a cuestión, é que o concepto "poema" é unha construcción colectiva e diacrónica que se actualiza con cada escritor e con cada lector, e que se define por oposición ó que non o é. Eu creo que non hai unha definición senón o recoñecemento duns límites, unha fronteira para o que o é e o que non o é. Esta fronteira non está no mesmo sitio para todos, pero si que está moi preto (case todo o mundo identificaría como poema os mesmos textos), polo tanto é algo que está socialmente moi claro, ainda que teñamos dificultades para definilo.
ben, eu non sería tan drástico como desorde. non diría que a narrativa deixa "moi pouca marxe" ao lector.
en todo caso, si, creo que na construción do texto poético hai máis ese diacronismo ao que se refire caravelete.
canto á claridade ou non da fronteira. supoño que hai textos nos que poucos hoxe estarían en desacordo sobre a súa condición de poemas ou relatos, pero sospeito que o límite é bastante máis difuso noutros casos. eu mesmo téñoo experimentado en debates de obradoiro literario.
canto a "narrativa" ou "prosa". digamos que narrativa utilízoa aplicada a xénero literario (como utilizaría "poesía" ou "teatro")) mentres que prosa enténdoa como descrición formal (contraposta a "verso").
tal vez o erro estea en contrapoñer poesía e narrativa. se podemos falar de narrativa poética ou poema narrativo será que os atributos que fan que un texto sexa un poema poden convivir cos que fan que un texto sexa narrativo.
16 comentarios:
ufff! neno:
esto é un poema-conto do máis tráxico
joer...
onde estará o límite entre o poema e o relato?
é importante?
non, eso non é o importante. só lle preocupa aos dinosaurios e aos fascistas. creo.
vale. a súa resposta, por terminante, parece pechar toda discusión.
pero eu estaba interesado, de todos os xeitos, en escoitar opinións que superasen o a (in)utilidade práctica do debate e axudasen a dilucidar que é un poema, que é lírico, ...
esas cousas
mi má!
Antes de ler os comentarios, estaba a pensar "este poemas parecen máis ben pequenos relatos, algún case ao estilo de Monterroso. É imposible dar unha definición tallante. Poderiamos falar do predominio do narrativo, aparentemente máis propio da prosa que do verso, ou da rebelión ortográfica, cousa talvez poética, pero non chegariamos a ningún acordo. Ao final, o dato incontestable, un pouco desconcertante de tan absurdo, é que a poesía é aquela arte literaria que non aproveita o renglón ata o final.
Engado, con ánimo de encher espazo con opinións irrelevantes, que os poemas Indecisión, Liña 41, Correo e Esperar parecen membros dunha mesma familia, case variacións -moi ben harmonizadas, por certo- sobre unha mesma base melódica. Pudor, en cambio, aínda que participa do ton narrativo dos outros, ten unha vida propia que o fai especialmente intenso e, para o meu gusto, interesante. Das outras composicións, quedo con A sombra, pequena e fermosísima peza de poesía. Ah, por suposto, todo isto non deixa de ser unha opinión.
ah! é q fixeches dúas preguntas:
a do límite e a importancia. só respostei á segunda, dando por feito q os límites, como Vd. ben amosa, son difusos, variables e acomodaticios.
quizías valga: narración/descripción vs. suxestión
... pode ser?
Pensade unha cousa: a odisea era en verso, pero ao mesmo tempo era un relato.
E falamos, pufff, de hai polo menos cen anos :P.
Logo aconteceu que alguén (non sei quen foi) decidiu pasar olimpicamente da métrica para escribir os seus relatos.
Así que o raro foi precisamente iso: escribir aproveitando todo o renglón. Xa me diredes cal podía ser o sentido estético diso. Aquilo tivo que parecer un pouco trapalleiro naqueles tempos.
Así que non creo que os poemas deste blog, por achegarse á narrativa, deixen de ser fieis á poesía. Todo o contrario.
ben, apunta arsenio que a "narrativa" tamén pode ser en verso cun exemplo incontestábel.
poderíase xustificar pola contraria: que asociando poesía a verso deixamos fóra a prosa poética (e pepe cáccamo vaise cabrear).
evidentemente non deben ir por aí os tiros.
canto á "rebelión ortográfica", máis aló de que en realidade non me pareza máis que unha pequena rebeldía pero non unha rebelión, creo que a narrativa é tan bo terreo para as rebelións coma a poesía (hai centos de bos exemplos).
interésame a idea que suxire desorde: suxestión. non digo que estea alí a definición de poesía pero si unha característica importante: o texto narrativo deixa menos baleiros có poema. o poema constrúese sobre todo de ocos, de suxestións e non de afirmacións, de espazos para a recreación máis que de procesos de asimilación.
continuando coa tese, supoño que a narrativa deixa moi pouco marxe ao lector, mentres que precisamente a poesía dalle 'todo' o marxe.
así, un narrador é un autor propiamente dito, mentres q un poeta non é máis que, no mellor dos casos, un co-autor....
un sería un guía e outro un taquillero...
Desde logo o de non aproveitar o renglón ata o final non é (os códices medievais non o facían, a actual forma de edición deses poemas faise atendendo á métrica e a rima, non a como están escritos nos códices, por ex.). Trasladando o "problema" ó lector (como tenden a facer as estéticas actuais) poderíase difinir a poesía como aquilo que un lector identifique como poema, e isto non "escaquea" a cuestión, é que o concepto "poema" é unha construcción colectiva e diacrónica que se actualiza con cada escritor e con cada lector, e que se define por oposición ó que non o é. Eu creo que non hai unha definición senón o recoñecemento duns límites, unha fronteira para o que o é e o que non o é. Esta fronteira non está no mesmo sitio para todos, pero si que está moi preto (case todo o mundo identificaría como poema os mesmos textos), polo tanto é algo que está socialmente moi claro, ainda que teñamos dificultades para definilo.
Teño unha dúbida técnica:
por que pos "narrativa"? é máis correcto dicir prosa?
ben, eu non sería tan drástico como desorde. non diría que a narrativa deixa "moi pouca marxe" ao lector.
en todo caso, si, creo que na construción do texto poético hai máis ese diacronismo ao que se refire caravelete.
canto á claridade ou non da fronteira. supoño que hai textos nos que poucos hoxe estarían en desacordo sobre a súa condición de poemas ou relatos, pero sospeito que o límite é bastante máis difuso noutros casos. eu mesmo téñoo experimentado en debates de obradoiro literario.
canto a "narrativa" ou "prosa". digamos que narrativa utilízoa aplicada a xénero literario (como utilizaría "poesía" ou "teatro")) mentres que prosa enténdoa como descrición formal (contraposta a "verso").
tal vez o erro estea en contrapoñer poesía e narrativa. se podemos falar de narrativa poética ou poema narrativo será que os atributos que fan que un texto sexa un poema poden convivir cos que fan que un texto sexa narrativo.
Vale, profe.
Xa nunca máis digo: hoxe traio un texto en "narrativa" :P
glups!
Enviar um comentário
<< Home