ler en voz alta
onte estiven nun recital na coruña e aproveitei para ler en público algúns textos do libro en construción.
sempre é interesante ver a resposta da xente aos textos novos. pero a maiores, é un exercicio moi útil ler en alto. deberiamos facelo máis na casa. cantan moitísimo os problemas do texto cando o les en alto.
así que, se a fin de semana non é demasiado agobiada (ou demasiado apalancada) é posíbel que para a semana que vén haxa versións máis ou menos corrixidas dos textos.
a máis gorda vai ser esta: vou tentar unha versión en terceira persoa de "pudor". apuntaba veloso que o texto lle resultaba dalgún xeito diferente aos demais. el falaba de que tiña "unha vida propia" e gustáballe. sospeito que poñer o poema en terceira persoa probabelmente mate esa "vida propia" pero achegue máis o poema ao ton xeral do resto.
tampouco estou seguro de que a cousa vaia funcionar. eu vou facer o experimento. xa se verá.

3 comentarios:
o harold bloom di q a poesía so se pode ler en alto. eu tiña o costume de marmurar a cacho. comecei a berrala.
eso sí, hai q estar so na casa :-)
eu, amais de ler en alto, falo soa. pero creo que é bo
tampouco se trata de andar pontificando. eu non sei se é imprescindíbel ler en alto os poemas, se todo o mundo debería facelo...
a min sírveme para detectar problemas de ritmo, atopar cacofonías, rimas agochadas, disonancias, etc.
Enviar um comentário
<< Home