1.3.06

pequenos axustes

veño de engadir unha nova versión do poema antes titulado "nunha cafetaría" que agora, seguindo a idea de hai uns días, xa non ten título.

non ten correccións relevantes, pero si algúns cambios para que o texto resultase algo máis fluído, quitei algunhas cousas e substituín algunha palabra que se repetía en exceso.

non creo que estea de todo listo pero si que mellora un algo.

3 comentarios:

Blogger edu dixo...

autocoméntome que teño que cambiar o final deste poema.

dous "non" previos:

non hai duda ao respecto
non teño nin idea como cambialo

2/3/06 15:08  
Blogger Desorde dixo...

si, tes razón: é un pouco farragoso.
simplifica, alixeira.
unha abrazo

2/3/06 16:19  
Blogger caravelete dixo...

para min o problema está só na frase "aínda que máis
non sexa
unha conversa trivial". Igual coas mesmas palabras noutra orde...

6/3/06 08:22  

Enviar um comentário

<< Home