13.3.06

agochar algunhas cartas

unha secuencia aproximadamente habitual:

unha historia vivida (oída, lida) impacta no sitio correcto do maxín.

ocórreseme o poema e empezo a escribilo.

o primeiro impulso é ser fiel á historia, aínda que hai algo nos personaxes que non acaba de cadrarme. aínda así, acabo de escribir a versión-fiel.

e antes de que me dea tempo de colgalo, o incomodo medra. xa que logo, regreso ao poema. o traballo vai nunha dirección moi concreta, agochar as cartas.

omitindo deliberadamente información consigo: que cada quen poida poñer aos personaxes a cara que prefira, que cada quen poida poñerlle á historia o seu final.

hai información abondo como para que un lector poida construír máis ou menos fielmente a historia "orixinal" (chamémoslle así)? non o sei, é difícil porque eu si teño a historia orixinal na cabeza e, aínda que fun deixando pistas, con frecuencia esas pistas poden resultar insuficientes.

importa que ninguén poida reconstruír a historia orixinal? claramente non, non me importa. máis aínda: agochando a historia orixinal gaño en probabilidades de que cada un constrúa a historia que cada un pode-sabe-precisa. creo que é unha boa estratexia.

velaquí o resultado.

3 comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

Non se onde deixar un comentario ao poema indecisión.
Se me permites intervir, me gusta o poema, pero paréceme máis idónea a palabra escolle ou elixe, que prefire, denotan unha decisión e un albedrío que non sinto na outra, polo demais, penso que están ben resoltos os tempos e os silencios, un poema equilibrado, denso e lixeiro.
Un saúdo

19/3/06 19:19  
Blogger edu dixo...

grazas polo comentario, sz. teño que darlle unhas voltas á túa suxestión de substituír "prefire". a xustificación é acertada, estou de acordo con ela, pero non acabo de convencerme con ningunha das opcións que propós.

observa que as túas propostas respectan mesmo o ritmo do verso (son ambas trisílabos graves) pero algo irracional fréame se penso en facer o cambio.

é un poema que escribín hai xa varios meses e nunca lle toquei nada. as palabras adhírenseme ás veces e non sempre teño as forzas necesarias para impoñerlles o meu criterio. algo así.

20/3/06 07:29  
Anonymous Anónimo dixo...

Iso tamén é certo, as palabras teñen vida propia e a nosa obriga é escoitalas.
saúdos

20/3/06 10:30  

Enviar um comentário

<< Home