23.9.08

fallos e fallos

como sabedes, o libro froito deste traballo no que moita xente participou, foi honrado co premio de poesía miguel gonzález garcés da deputación da coruña.
agora, a deputación fai lugar a unha impugnación presentada por xabier lama. os termos da impugnación veñen a dicir que a existencia deste blog implica a violación de dúas das bases do premio. a deputación consulta ao xurado e o xurado acorda facer lugar á impugnación.
como consecuencia, retíranlle o premio a construcións e outórganllo ao libro de xabier lama, que fora escollido en primeira instancia para concederlle o accésit.

penso que a decisión do xurado non se axusta a dereito e explícoo nunha carta aberta que veño de enviar aos medios de comunicación (pódese ler na web da asociación de escritores en lingua galega e en distintos sitios da rede como, por exemplo: en cabaret voltaire, n'o levantador de minas, ou n'a canción do náufrago). pero acepto a decisión do xurado tal e como a aceptei da vez anterior.

non vou negar que me fastidia quedarme sen as pelas, a quen lle sobran seis mil euros? pero o bonito dos premios é que un xurado escolla o teu libro para premialo. construcións foi escollido para lle outorgar o premio de poesía miguel gonzález garcés. quédome con iso.

doutra banda, a miña aposta pola rede para incorporar na literatura novas formas de facer non vai rematar por culpa deste incidente. de feito, en breve espero poder volver falar destas cousas con quen queira participar, nun proxecto que verá luz dentro da páxina culturagalega.org.

e queda aberto este blog para que sigamos falando do que toque a propósito das cousas que vaia escribindo.

xa que logo, vémonos na rede!

7 comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

Exactamente. Isso é, Eduardo. Acertas plenamente nesta frase:
"construcións foi escollido para lle outorgar o premio de poesía miguel gonzález garcés", porque o certo é que o livro de Lama nom foi escolhido para lhe outorgar o prémio, e por isso nom lho outorgarom. Dam-lho, daram-lho, agora, sim, mas nom porque ganhara. Dam-lho porque nom ganhou.
Saúdos, bicos e apertas

23/9/08 23:20  
Anonymous Anónimo dixo...

Ben curioso todo isto... Un escritor(¿?) impugnando a decisión dun xurado nun premio literario. Unha decisión (a do autor) que lonxe de animar a ler a súa obra xusto fai que ocorra o contrario. Eduardo, ti tranquilo, e feliz... o premio gañachelo ti, os cartos déronllos a Sandokan.

24/9/08 11:11  
Blogger juan l. blanco valdés dixo...

Eduardo: puxen un post ao respecto no meu blog "Fragmentos da galaxia" que resume o meu punto de vista. Saúdos e ánimo.

24/9/08 13:34  
Anonymous Anónimo dixo...

Eu tamén veño de publicar unha opinión n'O levantador de minas. Aperta

24/9/08 16:54  
Blogger Ana Bande dixo...

Eu tamén estou sorprendida con este tema, así, sen reflexionar moito, penso que coma tantos outros tribunais, xurados e comités de homes/mulleres cada vez menos sabios e si moi atrevidos (xa se sabe, a ignorancia...) non teñen problemas en adoptar decisións que agochan unha profunda ignorancia ou mellor dito medo ao descoñecido e que deberían coñecer. Remito tamén á valiosa opinión dos fragmentos da galaxia para ilustrarnos sobre esto.

24/9/08 17:07  
Anonymous Anónimo dixo...

Foi unha mágoa todo isto, porque o que vale vale e a túa obra é a gañadora máis alá do que diga a impugnación. Perdeches os cartos pero non a decencia, seguímoste e seguirémoste Eduardo.

Un abrazo.

24/9/08 17:33  
Blogger folerpa dixo...

Tes o meu apoio Eduardo e veño de poñer unha anotación no meu blogue. teu é o Gonzalez Garcés con cartos ou sen eles.

24/9/08 17:35  

Enviar um comentário

<< Home