de regreso de corme
voltei de corme hai xa case unha semana co libro moi corrixido, diría que practicamente rematado. pero a semana foi complicada e non tiven tempo de poñerme a transladar ao blog todos os cambios comentados como se debe.
vai ser cousa de paciencia.
vai ser cousa de paciencia.
3 comentarios:
Onte estiven na Festa da Poesía do Condado.. escoitei o poema do autobús e souben que xa o lera... foi estrano escoitalo recitado, e poñerlle cara (aínda que a miña miopía fai que esta frase non sexa certa de todo) ao autor.
Lembro que cando atopei este blog por primeira vez pensei en escribirche algo, pero como andaba espesa non o fixen. Hoxe ando mais ou menos igual, pero decidín deixar pegada. Aínda que sexa só porque Corme para min ten un valor especial dende o 2002.
Aínda que só sexa pra deixar escrita unha impresión: as veces non sabes cánto che gustou algo ata que o ves/escoitas por segunda vez, e descubres, con sorpresa, que quedara gravado nalgures.
apertas silenciosas
grazas pola mensaxe, avelaiona. se todos os luns empezasen así...
isto é unha tolería pero non vexo outra forma..de atopar o q busco.
hoxe vin unha reportaxe na tvg q nin sei como se chamaba, o único q lembro e non poder pechar a boca do abraida q quedei cun rapaz. vamos q me pillei, e vin traballar obsesionada en buscar como fose mais a cerca del...imaxinade a de cousas q poden sair d corme na rede..moitas moitas, e dado q aquí podo escribir..igual alguén me axuda!!
pois ven na reportaxe ademais de corme saian outros pobos da costa da morte, falaban unhas catro ou cinco persoas, todos eles homes de diferentes idadades e sen un tema común, dende a morte..os percebes, ata o idioma galego. iso si..todos moi filosoficos no momento de expresarse.
o rapaz q busco ten as seguintes características: uns trinta e poucos, mouro e con barba..xro non moi abundante, un seseo o falar q me cautivou de mala maneira (ainda q imaxino q esa referencia pola zoa será multitudinaria) mais ben era pouca cousa, iso si, moito estilo. tocaba nun intre unha guitarra xro eu estaba o telf e non puden escoitar o q cantaba. unhas engurras nos ollos supoño de lediza pois aparentaba sorrir a todas horas.
pouco mais vos podo dicir ...ainda q se vos queredes rir un pouquiño mais de min..teño unha folla dunha libreta con todas as frases q dixo e me sorprenderon apuntadas!
claro queda q me namorou..volverei x aquí mais adiante e igual con sorte atopo resposta a miña mensaxe.
unha rapaza da mariña lucense.
Enviar um comentário
<< Home