25.9.08

novidade e agradecemento

novidade
veño de saber que construcións sairá publicado proximamente en edicións positivas.
como imaxinades, estou encantado!

agradecemento

a cada unha das persoas que incluíu un post no seu blog a propósito de todo este tema, o meu sincero agradecemento.
tamén a cada unha das persoas que puxo un comentario nalgúns destes posts ou nos artigos publicados na prensa dixital.
aos que están de acordo comigo e aos que non, porque estades debatindo sobre este tema dun modo serio, respectuoso e, sobre todo, falando de literatura!
supoño que a lista non será completa, pero aí vai unha lista posíbel (e que me desculpen se me despisto dalgún pero podemos ampliar a lista cantas veces faga falta!):

cabaret voltaire (tamén estoutro post)
a canción do náufrago
ferradura en tránsito (e engade)
fragmentos da galaxia
o levantador de minas (e...)
alfaias (e máis unha xurídica)
brétemas
ovnis e isoglossas (e tamén)
made in galiza
lándoas (e suma)
proxecto q
casatlántica (e máis)
dedos como vermes
o porto dos escravos
apocalipse do porco (e post-escribe)
O blog de Xosi
suroeste
Croques
ningures
alicia crece
selva de esmelle
trasalba
Manuel L. Rodríguez
Beliscos pequenos
Casa das Letras
Pájaros de papel
Coru-blogs
desorde

7 comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

Parabéns!
Bicos grandes, para ti e os teus.

igor

25/9/08 14:12  
Anonymous Anónimo dixo...

Prezado Eduardo: Do mesmo xeito que me alegrei de teres merecido o Miguel González Garcés de 2007, veño agora a me doer de tan pouco elegante asunto. E digo isto porque o único que che tiran son os cartos, o premio non. Non digo eu que o xurado tivese moitos máis camiños ao se tratar dun organismo oficial, pero o reclamante si que os tiña e debera recoñecer que,aínda no discutíbel caso de que tivese razón ao reclamar, el non o gañara, porque había outro que o merecía máis.
Unha forte e solidaria aperta.
Xabier P. DoCampo

25/9/08 18:33  
Anonymous Anónimo dixo...

Alégrome de que finalmente o libro vexa a luz que, ao final, é o que importa.

Coincido con Xabier DoCampo, un pouco, nada, elegane asunto...

Unha aperta

Acuática

25/9/08 21:46  
Blogger besbe dixo...

Alédome moito de que ao final se teña atopado unha vía para que Construccións vexa a luz.

26/9/08 15:42  
Anonymous Anónimo dixo...

Querido Eduardo: Souben, a semana pasada, de toda esta polémica e de que quedaras sen o González Garcés. Magóame que ficaras sen o galardón e por motivos e artes tan pouco "poétic@s", mais alédome de que Positivas tomase a iniciativa de publicarcho. Puxen unha entrada no meu blog ao respecto (xosimelide.nireblog.com). Máis vale tarde que nunca. Ánimo, e recibe o meu total apoio.

Xosé de Cea

28/9/08 22:20  
Anonymous Anónimo dixo...

Parabéns desde O levantador de minas!

18/10/08 22:59  
Blogger X dixo...

Está visto que non hai mal que por ben non veña e ao final o libro será publicado e espero que máis vendido. Aí será onde demostraremos se realmente nos interesa a súa obra ou simplemente nos pode o lercheo.
Parabéns para Positivas e para vostede. Saúdos.

2/11/08 08:18  

Enviar um comentário

<< Home