tesouras
a principal ferramenta do escritor non é o lápiz (boli, pluma, rotulador ou teclado) senón as tesouras.
na súa homenaxe, estou considerando retirar dous textos do libro.
son os titulados "os días de despois (I)" e "os días de despois (II)". non é que non me gusten. gústanme, pero creo que non seguen a liña do resto de textos do libro.
xa mo parecera cando os incluín, pero como o primeiro paso era armar o feixe, quedaron.
son textos cun cariz máis intimista, próximo aos poemas doutros libros anteriores (mapas... ou mesmo lúa gris).
o que me gustaría facer agora ten outro ton, máis narrativo e continuando o ton máis reflexivo dalgúns poemas de derrotas.
pero tampouco se trata de deixarse levar por un primer impulso. vounos marcar como para borrar e vouno pensar uns días.

5 comentarios:
dálle sombra
deixa que o real quede ensumido no muro
ela seguirate
gústame "liña 41". lémbrame a un texto de Queipo que lin hai tempo, creo que naquela edición de Microrelatos que editara unha librería viguesa a través de Xerais.
parécense e é bonito.
beijo
non lin os microrrelatos de queipo. fareino.
de "liña 41" podo dicir que probabelmente sexa o texto que volveu a abrirme a porta da poesía.
que non é pouco.
Acordo total coas tesouras como ferramenta principal. Sempre se pode recortar e pegar de novo(en calquera outro sitio).
O ordenador-colaxe hoxe axuda moito. Fican atrás a goma de borrar, borróns e mais as tachaduras: todo máis limpo!
Aí ven se cadra o novo problema: todo figura(de primeiras)case perfecto.
Saúdos
observación interesante a de antonpatiño. efectivamente, as facilidades que ofrece escribir no ordenador son incomparábeis. lembro cando escribía a máquina e o simple descubrimento dunha gralla obrigaba a escribir o poema todo outra vez.
e nin falar de poder escoller a golpe de rato unha ou outra posibilidade de corte de verso.
quedo pensando, iso si, na frase final. nunca considerara esa posibilidade. e, a beneficio de inventario, vouna poñer nun carteliño a carón do monitor.
Enviar um comentário
<< Home