15.1.06

comeza o proceso

o primeiro paso é recoller un feixe de textos escritos nos últimos meses que teño a sensación de que poden levarse ben xuntos.

empezar a pensar nun libro por unha sensación pode resultar excesivo. a realidade é que esa sensación é o único que teño polo de agora, a maiores deste feixe de textos soltos.

vexo que varios textos teñen título (cousa pouco habitual en min). outros non. presa da miña necesidade de orde, vou dar título aos poemas que non o teñen.

algúns textos naceron por encargas. outros transcribinllos á vaca para o seu blog e, finalmente, outros naceron como comentarios no blog de sara jess.

agora están reunidos e empezan a andar xuntos. a ver que dan de si.

3 comentarios:

Blogger llll dixo...

por qué me soa tanto todo isto...

e eu sen escribir nada. absolutamente nada estes días

de

frío.

16/1/06 18:36  
Blogger Desorde dixo...

;-D
Estimado Sr. aohqtomr, fágolle notar que coas cores escollidas non se 'ven' os links ata que 'casualmente' pasa un riba deles co punteiro do rato.
Atentamente
Desorde

16/1/06 21:09  
Blogger edu dixo...

moitas grazas, desorde, xusto estaba corrixíndoo. e que digan despois que non existe a telepatía.

por certo, canto ao acrónimo "aohqtomr", remítoo a este post explicativo e propóñolle usar (se insiste en atepoñer o "Sr.") estoutro máis preciso: "hqtordv". ou, simplemente, edu :-)

17/1/06 15:48  

Enviar um comentário

<< Home