30.9.08

mirar para este lado

un novo proxecto-blog para seguir reflexionando

visitádeo (se queredes) aquí.

25.9.08

novidade e agradecemento

novidade
veño de saber que construcións sairá publicado proximamente en edicións positivas.
como imaxinades, estou encantado!

agradecemento

a cada unha das persoas que incluíu un post no seu blog a propósito de todo este tema, o meu sincero agradecemento.
tamén a cada unha das persoas que puxo un comentario nalgúns destes posts ou nos artigos publicados na prensa dixital.
aos que están de acordo comigo e aos que non, porque estades debatindo sobre este tema dun modo serio, respectuoso e, sobre todo, falando de literatura!
supoño que a lista non será completa, pero aí vai unha lista posíbel (e que me desculpen se me despisto dalgún pero podemos ampliar a lista cantas veces faga falta!):

cabaret voltaire (tamén estoutro post)
a canción do náufrago
ferradura en tránsito (e engade)
fragmentos da galaxia
o levantador de minas (e...)
alfaias (e máis unha xurídica)
brétemas
ovnis e isoglossas (e tamén)
made in galiza
lándoas (e suma)
proxecto q
casatlántica (e máis)
dedos como vermes
o porto dos escravos
apocalipse do porco (e post-escribe)
O blog de Xosi
suroeste
Croques
ningures
alicia crece
selva de esmelle
trasalba
Manuel L. Rodríguez
Beliscos pequenos
Casa das Letras
Pájaros de papel
Coru-blogs
desorde

23.9.08

fallos e fallos

como sabedes, o libro froito deste traballo no que moita xente participou, foi honrado co premio de poesía miguel gonzález garcés da deputación da coruña.
agora, a deputación fai lugar a unha impugnación presentada por xabier lama. os termos da impugnación veñen a dicir que a existencia deste blog implica a violación de dúas das bases do premio. a deputación consulta ao xurado e o xurado acorda facer lugar á impugnación.
como consecuencia, retíranlle o premio a construcións e outórganllo ao libro de xabier lama, que fora escollido en primeira instancia para concederlle o accésit.

penso que a decisión do xurado non se axusta a dereito e explícoo nunha carta aberta que veño de enviar aos medios de comunicación (pódese ler na web da asociación de escritores en lingua galega e en distintos sitios da rede como, por exemplo: en cabaret voltaire, n'o levantador de minas, ou n'a canción do náufrago). pero acepto a decisión do xurado tal e como a aceptei da vez anterior.

non vou negar que me fastidia quedarme sen as pelas, a quen lle sobran seis mil euros? pero o bonito dos premios é que un xurado escolla o teu libro para premialo. construcións foi escollido para lle outorgar o premio de poesía miguel gonzález garcés. quédome con iso.

doutra banda, a miña aposta pola rede para incorporar na literatura novas formas de facer non vai rematar por culpa deste incidente. de feito, en breve espero poder volver falar destas cousas con quen queira participar, nun proxecto que verá luz dentro da páxina culturagalega.org.

e queda aberto este blog para que sigamos falando do que toque a propósito das cousas que vaia escribindo.

xa que logo, vémonos na rede!