22.5.09

construcións nas pontes

con algo de retraso, aquí van as fotos da presentación de construcións nas pontes o pasado 14 de maio.
este é o público (homenaxe a isaac díaz pardo).



e esta é a construción:



foi un recital amábel. sentinme a gusto no meu retorno á biblioteca das pontes na que coordinara un obradoiro literario durante algúns anos.
e penso que a xente quedou contenta. cando menos, vendéronse uns cantos libros e recibín varias felicitacións.

voltarei ás pontes o próximo 5 de xuño como poeta convidado do grupo alalá que celebra ese día o seu recital de primavera.

2 comentarios:

Anonymous César dixo...

Ola, amigo
Xa pasou o das Pontes do día 5 e alí estivemos. Non puiden falar contigo despois do recital, pero gustoume moito. Moi bonito o reto da wikipedia e o fráxil equilibrio da túa poesía ao fío da prosa.

8/6/09 10:49  
Blogger edu dixo...

grazas, césar. unha fermosa reflexión que agradezo.

mágoa que non puidesemos falar ese día.

apertas.

8/6/09 10:55  

Enviar um comentário

<< Home