nas últimas dúas semanas non tiven tempo de sentar a actualizar o libro na web pero si estiven traballando nalgunhas correccións.
os pequenos cambios que lle fixen a
"liña 41" motiváronos,
como xa comentei, as lecturas en alto. fixen dúas e as dúas veces improvisei as mesmas modificacións a medida que lía. xa que logo, eses cambios impuxéronse no texto.
o outro que modifico é, tal como anunciara,
"pudor". púxeno en terceira persoa. a ver que tal resulta así. e fixen unha nova versión do remate da terceira estrofa que nunca me convencera demasiado.
outra cousa. o asunto dos títulos. algúns poemas teñen títulos claros. a outros púxenlle título por manter un criterio coherente ao longo do libro. pero iso forzou títulos realmente malos como "a soidade procurada" ou "nunha cafetaría". penso, xa que logo, que vou cambiar de idea: voulle deixar algúns títulos funcionais (como, por exemplo, os dous poemas que corrixo hoxe) e ao resto, a medida que vaia tocando neles, seguramente voullos ir quitando.