19.12.08

fene 2

velaquí as prometidas fotos da presentación feitas por sonia, a bibliotecaria de fene.


15.12.08

fene

o venres foi a presentación de construcións na biblioteca municipal de fene.
velaquí algunhas fotos:

para empezar, unha homenaxe a díaz pardo. unha vez escoitei a maría lado contar que, nunha época, isaac facía unha foto do público cando ía empezar un acto.



e o resultado da construción



o recital fíxeno case todo de pé. na pantalla que aparece detrás da construción fun proxectando a última versión que aparece na web de cada un dos poemas que ía lendo.

sonia, a bibliotecaria, prometeume algunha foto que, cando me envíe, colgarei aquí.

11.12.08

mastaba

un novo poema de esca e pedra.
unha construción funeraria exipcia dáme pé para recuncar no tema da escrita literaria.

9.12.08

en construción na radio galega

no diario cultural da radio galega chus nogueira, crítica literaria habitual do programa, falou de construcións. durante unha semaniña pódese escoitar o que dixo, indo á páxina do programa.

construcións en fene

o próximo venres día 12 presentarei o libro na biblioteca municipal de fene. facede correr a voz entre ferrolterráns e vinde.
a biblioteca municipal de fene é un sitio amábel no que me sinto moi cómodo así que vai ser seguro unha lectura relaxada e bonita.

construcións no cultur.gal

o sábado pasado presentamos construcións no cultur.gal.
foi un acto compartido con chelo suárez que traía a súa novela gañadora do premio de narrativa erótica que convoca edicións positivas.
aquí tendes algunhas fotos do evento.
(grazas a eli que sacou as fotos ao tempo que tentaba controlar o incontrolábel.)