28.11.08

presentación de construcións na coruña

sábado 6 de decembro ás 21 no cultur.gal (palexco)
presentación de construcións na coruña.

compartindo cartel con chelo suárez que presenta "Os milagres de Cristamar" (premio positivas de narrativa erótica 2008).

agárdovos aló!

26.11.08

múrmask

un novo poema de esca e pedra.
nace cunha dubida sobre o nome correcto do sitio. no resto de versións da wikipedia aparece cun n adicional: murmansk. eu non sei cirílico pero mesmo na versión rusa parece que puxese alí un n.
eu voto por que se trata dun erro da galipedia.

verme

grazas, mario, por este post.

19.11.08

pergamiño sharrer

un novo poema da wikipedia.

unha vez publicado, opinan por correo electrónico que a segunda estrofa podería quitarse.

non é doado en pleno
século vinteún


trátase dunha irrupción valorativa do "narrador" que non se mantén no resto do poema. quer dicir: introduce un elemento narrativo que só aporta distracción.

concordo.

o trailer de construcións en youtube

xa está en youtube a primeira versión, a modo de trailer, da presentación de construcións en compostela o venres 14 de novembro.

é obra de lara bacelo á quen agradezo infinito pola profesionalidade e, sobre todo, polo cariño que puxo.



a estrea da longametraxe, dentro duns días.

14.11.08

construcións en compostela (2)

mentres agardamos o vídeo, van tres fotos, xentileza do mario



12.11.08

construcións en compostela


este xoves 13 ás 21:30 na casa das crechas de santiago de compostela presentamos construcións.

ogallá nos vexamos aló.

abruzzo

o poema de esca e pedra desta semana nace dun artigo que fala dunha das rexións italianas que non coñezo.
da versión galega do artigo saltei á italiana, na procura de máis información a ver se atopaba algunha fenda pola que coarme.
e na sección "sport" atopei o nome do boxeador que, finalmente, foi o protagonista do poema.

5.11.08

iris, identificación biométrica

tirando do fío do anecdotario ao que fai referencia o artigo da wikipedia, cheguei á famosísima portada de national geographic e aí naceu o poema.
a foto é unha ampliación (en branco e negro) dun dos ollos desa portada.

3.11.08

aquí está

xa está na rúa construcións.



hoxe pódese mercar nas primeiras librarías e, para comezos da semana próxima estará distribuído por todo o país.
comparto convosco a miña alegría.