29.10.08

msnm

hoxe sae un novo poema de "esca e pedra". esta vez sobre "msnm" que vén sendo a abreviatura de "metros sobre o nivel do mar".

o poema derivou, neste caso, polo lado da cartografía.

con referencia ás relacións interpersoais que vén sendo un dos leit-motifs dos meus poemas da última tempada.

a foto tireina eu sobre unha montaxe feita cun mapa e un rotulador.

o cacho do mapa é do concello de carballeda de valdeorras. cousas do azar.

27.10.08

poemas visuais de igor lugrís

igor lugris vén de publicar unha serie de poemas visuais nunha galería de flickr.

recomendo vivamente que visitedes a páxina e leades e miredes. e non só porque eu teña participación, dun xeito ou doutro, nalgúns deses textos ;-)

poesía viva.

(sinto repetir posts. este pagaba a pena poñelo en toda parte)

22.10.08

spirit

a idea deste poema naceu vendo unha película ou lendo un libro ou un poema (penso que a primeira opción é a boa) na que a unha persoa se lle disparaba unha serie de cuestións a partir da visión dunha fotografía da terra tomada dende o espazo.

non consigo lembrar de que película se trataba.

algunha pista?

esca e pedra

acaba de saír publicado en culturagalega.org o primeiro poema da serie que titulei, con licencia creative commons do tío marcos da portela, "esca e pedra".

da esca nace a faísca e da faísca o lume.

eu collo unha entrada aleatoria da wikipedia e dela nace un poema.

30 entradas da wikipedia, 30 poemas (a un por semana) que irei escribindo dende agora e até maio.

espero que visitedes a páxina e que deixedes libremente os vosos comentarios neste vello e célebre blog que volve á vida.

a url: http://culturagalega.org/opinion/escaepedra/