o mércores pola mañá cediño, lucía aldao e mais eu collemos estrada cara a chantada. aló, no
ies lama das quendas agardábanos unhas cantas sorpresas.
![](https://lh3.googleusercontent.com/blogger_img_proxy/AEn0k_s6Q2g2JY3uaWHDgDDrFnCQmcDL9xfrZGhknzM_F0gmOFcf-Og1dIBM1aK2E0ZMMDOcPoNEiSpwB_FGnx6TMRzhUR2bAYQBt6rsizHu809HO8CQ_8sTWplgfbQnzN196gj1zwqz=s0-d)
os alumnos e as alumnas de bacharelato, ao mando de susana, a súa profe de galego, preparan unha semana da poesía na que se implican como poucas veces vin.
ela dálles a escoller un libro de poesía actual dunha lista máis ou menos grande e, en todo caso, ben curiosa, e despois preparan unha serie de artefactos (
![](https://lh3.googleusercontent.com/blogger_img_proxy/AEn0k_uoGPJflq0YeATm7PQQMrl61KliPCZVV3J7d0QcvCieF0EP1UllsaPdIC34DNTTrciPxubC_hORb0nUOn0L32Juus2km9-OjLZvBuXFY4gsMPB_SibT94EKXGd4lvnnbW4LU4CC=s0-d)
cada libro, un artefacto) cos que montan unha exposición para tentar convencer aos demais alumnos do centro de que o libro paga a pena ser lido.
a imaxinación desta xentiña é abraiante.
![](https://lh3.googleusercontent.com/blogger_img_proxy/AEn0k_s5N5vHQscIJSQ9x_4m_A4AZR0GQW80KNasesP0i0tWQmIJqJKvg6U-Oq298RvRFxKF9fXz_zHe4d3G0T5SU1s13jnqiRGqgkBdv97lfCXjyYCCzpSjveV19bHIi7XLVZbqimYr=s0-d)
aquí poño algunhas fotos para que vexades cousas que fixeron a partir dos meus
lúa gris e
derrotas.
como rema
![](https://lh3.googleusercontent.com/blogger_img_proxy/AEn0k_vFpHPA_UNHR95vFpmccyU_HbmLl80B2EXzZv1o1hO5qUhz6Kij00e7O9FOgC6fDYDoSxRLgJXrNJm12sWWWLPFaWw15jO03gI9LFEqUSDNMr0pnIi8XgcXyXqoy2hWhpk6dvBy=s0-d)
te da semana, organizan un recital poético. este ano tocounos a lucía e mais a min. foron dúas horas de clase con dous grupos diferentes. preparan unhas presentacións lírico-informativas moi ben curradiñas e despois o recital lévase ben a pesar de que aló hai moita xente metida dentro dunha sala grande e sen micros.
a min, que me costa moito recitar a berros, quedoume a sensación de que todo o mundo oía e atendía.
tamén fixeron un vídeo a partir dun dos poemas. teño que pelexarme un pouco co youtube para subilo. xa vos contarei en canto o teña.
como sempre, aquí deixo a foto dunha das construcións de pola mañá:
![](https://lh3.googleusercontent.com/blogger_img_proxy/AEn0k_vosnkTofgKTr-jQCU_KOnqH5mVdQ60_jF0Nw0WteY1OfEv2nDIe_VhHTvr0lqygQUWaBkZS4btVSi3clEyDCmMZjfDlrx7uOhd72yq5r_sPFBO4SjJtR1onb4e0hNxgFnEBJWz=s0-d)
pola tarde presentei construcións na biblioteca de poesía uxío novoneyra de culleredo. non había demasiada xente pero o recital foi bonito e tiven ocasión de coñecer o historiador do concello que é tamén un dos técnicos de cultura,
carlos pereira. un tipo interesante e intelixente que se currou unha presentación do acto en tempo record (e non só copiando e pegando de internet) e co que compartimos un café ao remate do acto que agardo non sexa o último.