os veos da paisaxe (fotografías)
entre o 6 e o 28 de febreiro a galería sargadelos de ferrol exporá algunhas das fotografías que conforman o meu traballo "os veos da paisaxe".
comparto espazo co meu amigo igor lugris quen amosará parte dos seus poemas visuais "poesía para ver poesía para ler".
a inauguración (con recital poético e, sobre todo, pinchitos) terá lugar o 6 ás 20.
ademais, o venres 13, se todo vai ben, presentaremos no entorno da exposición a primeira edición en papel d'os veos da paisaxe, un vello libro meu que xa viu un par de edicións dixitais (retagarda edicións en 2000 e biblioteca virtual galega xa non sei en que ano).
o libro publícase grazas ás artes de antonio piñeiro en edicións bourel. son 80 exemplares artesanais que conteñen, cada un, 5 fotografías orixinais (diferentes en cada exemplar), todas da mesma serie das que se expoñen.
xa sei que a algúns de vós ferrol vos colle a desmán. con todo, comparto convosco a alegría (e os nervos propios) do evento, encantaríame vervos e agradecereivos que corrades a voz.
aquí van algunhas pequenas mostras das fotos, aínda que na expo veranse montadas en series e etcéteras adicionais que non revelarei aquí.

1 comentarios:
Lamento non poder acudir, compañeiro, mais estarei a preparar a mala para voar fóra do país. Aperta e parabéns por tamaño evento que tedes organizado.
Enviar um comentário
<< Home